Benvida!!

Boas a tod@s!

jueves, 20 de enero de 2011

LUPA CHEGA Á ESCOLA DE "NEAÑO"


Hoxe pola mañá chegou á escola de Neaño unha nova compañeira, que lonxe de asustarnos non fixo máis que achegar aos nenos e nenas as ganas de coñecela.
Todos a bicamos, acariciamos e pedímoslle que voltara a vernos canto antes.
Foi unha visita estupenda! Aquí o podedes comprobar... Saúdos.

lunes, 10 de enero de 2011

De volta ao CRA!

Ola de novo a tod@s! xa tiña ganas de vervos! Non puiden regresar nun mellor momento, que o día no que os nenos e nenas abrían os seus regalos deixados, nin máis nin menos que polos reis magos de oriente... Se virades a cariña dos nenos e nenas de Anos, ou cánto xogaron en Fontenla cunha super granxa.... é que sen dúbida non puidemos escoller profesión máis gratificante!!!!!

Espero irme actualizando e mellorando nesto do blogue que despois de tanto tempo xa non lembro a metade das opcións.... ay!!!!!

Besiños a tod@s!!!