Benvida!!

Boas a tod@s!

lunes, 10 de enero de 2011

De volta ao CRA!

Ola de novo a tod@s! xa tiña ganas de vervos! Non puiden regresar nun mellor momento, que o día no que os nenos e nenas abrían os seus regalos deixados, nin máis nin menos que polos reis magos de oriente... Se virades a cariña dos nenos e nenas de Anos, ou cánto xogaron en Fontenla cunha super granxa.... é que sen dúbida non puidemos escoller profesión máis gratificante!!!!!

Espero irme actualizando e mellorando nesto do blogue que despois de tanto tempo xa non lembro a metade das opcións.... ay!!!!!

Besiños a tod@s!!!

lunes, 18 de octubre de 2010


Ola! Como todos sabedes levo días de aquí para alá así que non puiden actualizar o blog, e a parte diso a verdade é que como son nova en todo isto pois un pouco perdida...
Este video recolle a participación das familias de Borneiro no proceso de ensinaza dos seus nenos e nenas, se virades cantas cousas aprendemos cos froitos!!!!.. non poño fotos dos nen@s porque non sei da súa autorización, espero pouco a pouco ir mellorando nisto.. Un saúdo a todossssss









jueves, 30 de septiembre de 2010

Un novo mes "Outubro"

Coa  nova estación comeza un novo mes "OUTUBRO", todo un descubrimento para os nenos e nenas de 3 anos que comezaron fai menos dun mes a súa andadura escolar... Día tras día iremos contando como recibimos este novo mes nas nosas escolas.

Ata pronto!

viernes, 24 de septiembre de 2010

Chegou o outono!

Xa podemos observar a nova estación que acabamos de recibir. Caen as follas cunha cor que non se asemella á observada ao longo do verán, e nas diferentes escolas ímos decorando a nosa aula con motivos estacionais....Estánnos quedando chulísimas!